Queremos que volvas facer con normalidade aquilo que a dor leva tempo impedíndoche facer. Axudámosche a recuperar o movemento e o benestar cun tratamento adaptado a ti.
En Acotío cremos que cada persoa é diferente e merece un tratamento adaptado ás súas necesidades. Por iso combinamos a evidencia científica cun trato próximo e personalizado para acompañarte no teu proceso de recuperación.
Ciencia ao servizo
do benestar humano.
Contamos con tratamentos adaptados a cada etapa da vida. Descubre como podemos axudarche a recuperar o teu benestar.
Tratamento da dor, lesións e molestias musculares e articulares para axudarche a recuperar o teu benestar e movemento.
Ver máis →Tratamento especializado para dor de mandíbula, bruxismo, chasquidos ao abrir a boca e cefaleas relacionadas coa ATM.
Ver máis →Fisioterapia respiratoria para bebés e nenos que axuda a mellorar a respiración e facilitar a eliminación de mucosidade.
Ver máis →Prevención, recuperación e readaptación de lesións para que poidas volver ao deporte con seguridade e confianza.
Ver máis →Exercicio terapéutico para mellorar a forza, a postura e o control corporal, adaptado ás túas necesidades.
Ver máis →Técnicas como a punción seca ou a neuromodulación para tratar a dor e acelerar a recuperación de determinadas lesións.
Ver máis →En Acotío entendemos a fisioterapia como un proceso compartido. Queremos axudarche a comprender o que che pasa, recuperar a confianza no teu corpo e volver ao teu día a día con normalidade.
Por iso apostamos por unha atención próxima, unha comunicación clara e un seguimento continuo en cada fase do tratamento — porque preocuparnos por como estás despois de cada sesión é parte do noso traballo.
Detrás de Acotío hai unha forma de entender a fisioterapia baseada na escoita, a confianza e o acompañamento. Patricia cre que cada persoa merece tempo, atención e un seguimento próximo para sentirse acompañada durante todo o proceso de recuperación.
Próxima, amable e comprometida co benestar das persoas. Antía destaca polo seu trato cercano e por esa capacidade de facer que os pacientes se sintan cómodos desde o primeiro momento, sempre cun sorriso.
Os nosos pacientes son a mellor carta de presentación. Le as súas experiencias reais directamente en Google.
Ver as 61 reseñas en Google🤍 O que máis valoran os nosos pacientes
"No solo son unas excelentes profesionales... lo que más valoro es su implicación personal. Se han preocupado por la evolución de mi rodilla incluso en los periodos en los que no tenía cita, preguntándome cómo iba y ajustando el tratamiento. Se nota cuando a alguien le apasiona su trabajo y se preocupa de verdad por sus pacientes."
— Iria Díaz, paciente de Acotío
"As chicas de Acotío son marabillosas, amables e super atentas. O trato é exquisito, e no meu caso que levo o meu bebé a fisioterapia respiratoria… Patri salvounos no período de catarros, non podemos estar máis agradecidos!"
"A miña experiencia foi sempre impecable, tanto o propio servizo coma a comunicación. Sempre o poñen todo moi fácil e algo que agradezo moito é que pregunten como te atopas despois das sesións. Ese feedback non o teñen outras clínicas e fai que te sintas acompañada. Acudo regularmente para controlar as cefaleas e dores musculares da zona das cervicais, cráneo, ombros e espalda. Na nosa familia somos varios membros os que acudimos e todos estamos moi satisfeitos. ¡Moi recomendable!"
"Grandiosas profesionais tanto Patri como Antía, agradables, amables, diagnostican o problema e solucionano con resultados positivos dende o primeiro día. Tamén o peque da casa lle saca os mocos cando non dá respirado e dende que sae pode durmir respirando muitísimo mellor. Recomendable ao 100% para todas as persoas."
Se tes algunha dúbida ou queres pedir cita, estaremos encantadas de axudarche. Podes contactar connosco por teléfono, correo electrónico ou a través do formulario.