Servizos Sobre nós Equipo Reseñas Dúbidas Pedir cita

Inicio › Servizos › Fisioterapia Invasiva

Fisioterapia invasiva e punción seca en Santa Comba

En determinados casos, as técnicas invasivas poden ser unha ferramenta útil para complementar o tratamento e chegar a estruturas que non sempre poden abordarse mediante terapia manual ou exercicio. Sempre realizamos unha valoración previa para decidir se é a opción máis axeitada para o teu caso.

Reservar cita

Técnicas que utilizamos

Punción seca

Consiste na inserción de agullas nos puntos gatillo miofasciais para reducir a dor e mellorar a función muscular. Está especialmente indicada cando existe tensión muscular profunda que non responde ao tratamento convencional.

Neuromodulación percutánea (NMP)

Técnica que combina a inserción de agullas con estimulación eléctrica para modular a dor de orixe nerviosa e mellorar a función neuromuscular.

Acupuntura

A inserción de finas agullas en puntos concretos do corpo pode axudar a modular a dor, reducir a tensión muscular e mellorar o benestar xeral. Intégrase no tratamento cando o caso o require.

Punción seca ou neuromodulación: en que se diferencian

Aínda que as dúas se fan con agullas, non buscan o mesmo. Na punción seca a agulla vai ao músculo, a un punto gatillo, para reducir a tensión e a dor dese músculo. Na neuromodulación percutánea a agulla colócase preto dun nervio e aplícase unha corrente eléctrica suave, co obxectivo de influír no sistema nervioso e na forma en que procesa a dor.

Segundo o que atopemos na valoración, pode estar indicada unha, a outra ou ningunha das dúas.

Agullas con electroestimulación no ombreiro durante un tratamento en Acotío Fisioterapia

Como traballamos

Estas técnicas aplícanse sempre dentro dun plan de tratamento e nunca como primeira nin única opción. Antes de realizar calquera técnica explicámosche o procedemento e resolvemos todas as túas preguntas.

Preguntas frecuentes

A punción seca doe?

A sensación pode resultar molesta durante uns segundos, pero adoita ser ben tolerada. A intensidade depende de cada persoa e da zona tratada.

Teño algo de medo ás agullas. É normal?

Claro que si. É unha dúbida moi habitual. Antes de realizar calquera técnica explicámosche o procedemento e resolvemos todas as preguntas para que te sintas tranquilo e seguro.

A fisioterapia invasiva é para todo o mundo?

Non sempre. Por iso realizamos unha valoración previa para decidir se é a ferramenta máis axeitada para o teu caso ou se existen outras opcións máis recomendables.

Onde estamos

Acotío Fisioterapia está na Rúa Coruña 33, baixo, 15840 Santa Comba (A Coruña). Se vés desde Mazaricos, Zas, A Baña, Val do Dubra ou Negreira, estamos a pouca distancia en coche. A clínica é accesible con carriño de bebé e con cadeira de rodas.

Horario: luns de 9:00 a 21:00 e de martes a venres de 8:00 a 21:00.

Pide a túa cita

Se tes algunha dúbida ou queres pedir cita, estaremos encantadas de axudarche. Chámanos ao 614 377 785 ou escríbenos por WhatsApp.

Pedir cita por WhatsApp

Outros servizos

Pedir cita