
Modalidades
- Individual: sesión 1:1 coa túa fisioterapeuta, adaptada ao teu caso
- Grupo reducido: máximo 5 persoas, con atención personalizada en todo momento
En que pode axudarche
- Fortalecer o core e estabilizar a zona lumbar
- Mellorar a postura e corrixir desequilibrios musculares
- Manter os avances do tratamento e previr recaídas
- Gañar mobilidade, equilibrio e benestar xeral
Horarios dos grupos
- Luns: 10:00 e 21:00
- Martes: 10:00 e 17:00
- Mércores: 19:00 e 21:00
- Xoves: 10:00 e 17:00
Os grupos son reducidos, así que traballamos con lista de espera: apuntámoste e chamámoste cando hai praza nun grupo no que poidas encaixar.
Moitas persoas chegan pensando que o pilates non é para elas. A nosa experiencia dinos que, cando está guiado por fisioterapeutas e adaptado ás necesidades de cada persoa, pode converterse nun gran aliado para sentirse mellor no día a día.
Preguntas frecuentes
Non sei se o pilates terapéutico é para min. Podo facelo?
O pilates terapéutico está adaptado ás necesidades e condición física de cada persoa. Non é necesario ter experiencia previa nin unha preparación física determinada para comezar.
Onde estamos
Acotío Fisioterapia está na Rúa Coruña 33, baixo, 15840 Santa Comba (A Coruña). Se vés desde Mazaricos, Zas, A Baña, Val do Dubra ou Negreira, estamos a pouca distancia en coche. A clínica é accesible con carriño de bebé e con cadeira de rodas.
Horario: luns de 9:00 a 21:00 e de martes a venres de 8:00 a 21:00.
Pide a túa cita
Se tes algunha dúbida ou queres pedir cita, estaremos encantadas de axudarche. Chámanos ao 614 377 785 ou escríbenos por WhatsApp.
Pedir cita por WhatsApp