Se levas tempo con algunha destas molestias, podemos valorar o teu caso e orientarte.
Síntomas que tratamos
- Bruxismo: rechinar ou apertar os dentes (especialmente á noite)
- Dor e dificultade para abrir a boca
- Chasquidos ou sons na mandíbula ao mastigar
- Cefaleas tensionais e dor facial
- Acúfenos (tinnitus) de orixe mandibular
Como traballamos
Empezamos sempre por entender ben o teu caso: valoramos a mandíbula, a zona cervical e os hábitos que poden estar influíndo, como apertar os dentes durante o día.
Co tratamento axeitado é posible mellorar os síntomas e recuperar a función da mandíbula. Cada caso é diferente, e por iso o plan adáptase a ti e á túa evolución.
Preguntas frecuentes
Levo anos co bruxismo. Ten solución?
Moitas persoas acostúmanse á dor de mandíbula, ás cefaleas ou a apertar os dentes pensando que é algo normal. Cunha valoración adecuada podemos identificar a causa do problema e axudarche a mellorar os síntomas e a función da mandíbula.
Debo preocuparme se a mandíbula fai ruído ao abrir a boca?
Non sempre. Pero se os chasquidos van acompañados de dor, bloqueo ou dificultade para mastigar, é recomendable realizar unha valoración.
Onde estamos
Acotío Fisioterapia está na Rúa Coruña 33, baixo, 15840 Santa Comba (A Coruña). Se vés desde Mazaricos, Zas, A Baña, Val do Dubra ou Negreira, estamos a pouca distancia en coche. A clínica é accesible con carriño de bebé e con cadeira de rodas.
Horario: luns de 9:00 a 21:00 e de martes a venres de 8:00 a 21:00.
Pide a túa cita
Se tes algunha dúbida ou queres pedir cita, estaremos encantadas de axudarche. Chámanos ao 614 377 785 ou escríbenos por WhatsApp.
Pedir cita por WhatsApp