Servizos Sobre nós Equipo Reseñas Dúbidas Pedir cita

Inicio › Servizos › Fisioterapia Xeral

Fisioterapia xeral en Santa Comba

Sabemos o moito que pode chegar a condicionar a dor o teu día a día. Por iso dedicamos tempo a entender o que che pasa e a buscar a mellor forma de axudarche a recuperar o teu benestar.

Reservar cita

Que tratamos

Como traballamos

Cada tratamento comeza cunha valoración na que escoitamos o que che pasa, analizamos o teu caso e definimos xuntos o mellor camiño para a túa recuperación.

A partir de aí propoñémosche un plan de tratamento adaptado a ti e imos axustándoo segundo a túa evolución. Explicámosche o proceso de forma clara e preguntámosche como te atopas despois de cada sesión, porque o seguimento tamén é parte do tratamento.

Cada persoa chega á consulta cunha historia diferente. O noso obxectivo é entender o que che pasa, acompañarte durante o proceso e axudarche a recuperar aquilo que a dor che está limitando no teu día a día.

Preguntas frecuentes

Cantas sesións vou necesitar?

Cada persoa e cada problema son diferentes. Tras a valoración inicial poderemos orientarte sobre o tratamento máis adecuado e o proceso de recuperación esperado.

Como sei se a fisioterapia pode axudarme?

Se tes dor, molestias ou algunha limitación que afecta ao teu día a día, podemos valorar o teu caso e orientarte sobre o tratamento máis axeitado.

Traballades con seguros ou mutuas?

Non. En Acotío Fisioterapia non traballamos con aseguradoras nin con mutuas.

Onde estamos

Acotío Fisioterapia está na Rúa Coruña 33, baixo, 15840 Santa Comba (A Coruña). Se vés desde Mazaricos, Zas, A Baña, Val do Dubra ou Negreira, estamos a pouca distancia en coche. A clínica é accesible con carriño de bebé e con cadeira de rodas.

Horario: luns de 9:00 a 21:00 e de martes a venres de 8:00 a 21:00.

Pide a túa cita

Se tes algunha dúbida ou queres pedir cita, estaremos encantadas de axudarche. Chámanos ao 614 377 785 ou escríbenos por WhatsApp.

Pedir cita por WhatsApp

Outros servizos

Pedir cita