
Lesións máis frecuentes que tratamos
- Esguinces e roturas de ligamentos
- Rotura de fibras musculares e contracturas
- Tendinopatías: talón de Aquiles, rótula, cóbado...
- Pubalxia e sobrecargas de cadeira
- Recuperación post-cirurxía: LCA, menisco, ombreiro
Como traballamos
Valoramos a lesión, o deporte que practicas e os teus obxectivos, e a partir de aí planificamos a recuperación por fases, desde os primeiros días ata a volta aos adestramentos.
O traballo non remata cando deixa de doer: tamén nos ocupamos da prevención e da readaptación para que poidas volver ao deporte con seguridade e confianza.
Sabemos o importante que é volver facer o que che gusta. Por iso acompañámoste durante toda a recuperación, sen présa pero sen pausa, ata que te sintas listo para volver.
Onde estamos
Acotío Fisioterapia está na Rúa Coruña 33, baixo, 15840 Santa Comba (A Coruña). Se vés desde Mazaricos, Zas, A Baña, Val do Dubra ou Negreira, estamos a pouca distancia en coche. A clínica é accesible con carriño de bebé e con cadeira de rodas.
Horario: luns de 9:00 a 21:00 e de martes a venres de 8:00 a 21:00.
Pide a túa cita
Se tes algunha dúbida ou queres pedir cita, estaremos encantadas de axudarche. Chámanos ao 614 377 785 ou escríbenos por WhatsApp.
Pedir cita por WhatsApp